logo

Sobre min

Azúmara é o misterioso nome do río que pasa a carón da nosa casa, pero moito máis que iso simboliza a miña forma de comprender a vida. Como o rio de Heráclito que sempre flúe nosoutros habitamos a vida e ela nos transita a súa vez. Azúmara que percorre a Chaira que amo, que traza nela cartografías imposibles por unha natureza que como toda vida plantexa preguntas sen resposta. Interrogantes que nos fan perseguir con todo o que temos a man: escultura, debuxo, pintura, fotografía, palabras… un pouco de calma e moita paixón. Quizais por iso esta páxina da cabida a dúas persoas, eu mesma e de la Comba que teñen a Natureza como principal motivo de investigación.

Polo longo descenso desa auga milenaria, atravesando fragas centenarias cheas de cor, vivimos cada día como unha oportunidade para debuxalo de mil formas diferentes. Atravesando velenos lentos dun hoxe caótico buscando acadar entre reflexos de auga un rescate que nos permita vivir doutra maneira. Arte como estratexia, como forma de vivir que nos libere do labirinto e de cada tormenta de medo, que transmute todo o lado negativo da vida en luz e alegría.

Desandar os pasos recibidos culturalmente, esa maraña de símbolos que nos envolve dende a infancia e nos leva a interpretar sempre nun mesmo sentido a vida.Crear pequenos espazos de liberdade creativa que nos ofrezan outras perspectivas ás cales asomarnos para vivir cada latexo e cada paisaxe. Fuxir das prisións impostas socialmente: muller/home, ben/mal, relixiosos/ateos, dereitas /esquerdas… para recrear símbolos que dan serenidade e paz neste marabilloso mundo diverso.

Precisamos habitar Cosmos e non Caos como xa nos lembraban os pitagóricos, é unha necesidade humana como tamén a é a de nomear e poñer límites, outorgar significados e delimitar distintas dimensións que inevitablemente interactuan pois é condición do coñecemento humano que o fagan. Mapas insatisfactorios que nos fan indagar novos lugares dentro do territorio convertendo o desacougo en nova liña de investigación, en novo espazo para xogar nun presente elástico, sempre un pouco fuxitivo. Por amor o arte que nos traza un sendeiro que seguir, un norte para orientarnos e como escribín hai anos para presentar a serie Códigos:

“Desexar arte como único destino, destino quizais inalcanzable, arte como auga primixenia, que flúe co entorno, que destrúe rochas coa súa constancia pero é doce coa fraxilidade, arte que denuncia traizóns á Terra e abre camiños para volver. Só un único risco rasgando amencer… sentirse tardía nesta ilusión presente”

Carmen Cabaneiro
Castro de Rei, xa verán 2015

  • Currículum

    • Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela
    • IV curso de Renacimiento. Universidad de Verano de Baeza (Universidade de Granada) 1982
    • Cursos de Doutoramento en Antropoloxía Social pola UNED Madrid, Anos 94-95 , 95-96
    • Cursos de Artes e Oficios artísticos na especialidade de Talla en madeira (Escolas “Mestre Mateo” de Santiago de Compostela e “Ramón Falcón” de Lugo)
    • Cursos monográficos de Talla en madeira (anos 1985-86, 1986-87, 1987-88). Debuxo artístico (ano 1985-86). Tamén de fotografía e serigrafía. Escola Ramón Falcón de Lugo
    • Deseño e debuxo de Mobles, lNEM 800 horas (1988-1989) Lugo
    • XXXIV Escola libre de Sargadelos e experiencias artísticas estivais. 2005.
    • Membro cofundador do Grupo Outro con 39 artistas de 10 países e coordinación da montaxe da exposición Movemento no 2005 en Galicia.
    • Master en Arte Contemporáneo, Critica e Museoloxía da Universidade de Santiago. 2009-2010
    • Membro cofundador do Grupo Artístico 20 65 . Santiago 2010
    • Co-directora de A.dFuga. Galería de arte contemporánea. Santiago de Compostela.
    • Actualmente profesora de Filosofía no IES Basanta Silva de Vilalba (Lugo) e cun taller de escultura en Castro de Rei (Lugo)

    Exposicións

    2015

    Meeting in Milan. Exposición colectiva. Milan Art& Eventes Center. Octubre. Milán ,Italia Mujer:rosa de los vientos. Exposición individual comisariada por Bea.S.Saa. Centro El Coto. Agosto2015. Gijón. Asturias Exposición colectiva de verano. Galería Javier Roman. Julio-Agosto 2015. Málaga Muller: Rosa dos ventos. Exposición individual comisariada por Beatriz Suarez Saa. Marzo-abril 2015. Vilalba (Lugo) Affordable Art fair Brussels 2015. Galería Javier Roman. Febreiro 2015. Bruselas (Bélgica)

    2014

    Milan Artin-International Group Show, Gallery Plaumann. Milán. 6-20 Decembro. Art&Events Center. Octubre Picassiano. Exposición colectiva na Galeria Javier Román. Octubre-Noviembre 2014. Malaga Asia Hotel Air Fair. 28 Febrero a 2 Marzo 2014. Art Cuestion. Hong Kong. China Festival Miradas de Mulleres. Marzo 2014, Art Cuestion. Ourense Espacio120. Exposición colectiva. Febrero-Marzo 2014. Barcelona

    2013

    Opening of Milan Art & Events Center. Exposición colectiva do 5 ó 21 de Octubro de 2013. Milan (Italia) Meeting 2013. exposición colectiva. Wison Art Museum. Agosto-15 setembro. Shanghai (China) Meeting Florence-Shangai. Xullo.Agosto 2013. Shangai. China ANDANTE. Proxecto colectivo coordinado por R.Alvarez. 3 de maio a 20 de xuño de 2013. Ourense Latent details. Artcuestion e Gallery M. En Ourense e en Viena. Febrero - Marzo de 2013. Miradas de Mujeres. MAV. Artcuestion. Ourense. Inauguracion: 8 de Marzo

    2012

    Camiños en Feminino colectiva. Pazo da Cultura. Decembro-xaneiro 2012.Pontevedra Camiños en Feminino. Ponte de Lima. Portugal. Febreiro-marzo. 2012 Camiños en Feminino. Convento do Cristo. Tomar. Portugal. Abril 2012 Camiños en Feminino. Casa de Galicia. Madrid. Maio-xuño.2012 Comisariado da exposición “Barro…” dos artistas portugueses Joaquim Pombal e Marisa Alves na Galería A,dFuga de Santiago de Compostela. Febreiro-marzo 2012 ANDANTE. Proxecto colectivo coordinado por Ramón Alvarez. 8K de Memoria. Colectiva co Grupo Artístico 20 65. Centro Cultural Villa de Móstoles. 4setembro-14 Outubro.Madrid. Comisariado da exposición “Mirar por dentro” de Luís Moscardó. Galería A.dFuga. Santiago de Compostela. 4 Outubro – 4 Novembro 2012.

    2011

    Camiños en feminino, colectiva. Pazo da Cultura. Decembro-xaneiro 2012.Pontevedra Identitas, co Grupo 20 65. Outubro 2011. Gijón Identitas, co Grupo 20 65. Agosto 2011. Galería Sargadelos. Ferrol Cristal de Mora, co Colectivo Artístico 20 65. 18 de xuño 2011, Praza Roxa. Performance. Santiago de Compostela Que ves cando me ves?. Xuño 2011. Exposición colectiva de artistas contemporáneas comisariada por Paula Cabaleiro. Santiago de Compostela Palavras, con Suarez Saá. Abril 2011. El Coto, Plaza de la República. Gijón Identitas, co Grupo 20 65 e IECHA. Abril 2011. Auditorio de Vilalba. Terra Chá (Lugo) Identitas, co Grupo 20 65. Marzo 2011. Casa Rio Cigüeño, O Barco (Ourense) Identitas, co Grupo 20 65, Febreiro 2011, Auditorio de Cangas, Pontevedra.

    2010

    Identitas, co Grupo 20 65. Novembro 2010. Casa das Asociacións, Santiago de Compostela. Palavras, con Suarez Saá. Outubro 2010, Auditorio de Vilaba (Lugo). Colaboración co artista brasileiro Roland Duarte na súa performance Nimbo Oxalá realizada para a inauguración da exposición Afro Modern organizada no CGAC.

    2009

    Contraventoverso, con Conde e Torino. Xaneiro. Auditorio de Vilalba, Lugo. Saltando MUROS, con Rafel Sunyer . Marratxi. Mallorca.

    2008

    Mujeres y arte, Torrearte , Madrid Auga, Agosto-setembro. co Grupo Outro. Sargadelos; Lugo Contraventoverso, con Conde e Torino .Decembro 2008. O Barco de Valdeorras. Ourense.

    2007

    Bienal Internacional de Aveiro (Portugal), cos Grupos OUTRO e DEZ+ , Decembro 2007 Bienal Internacional de Debuix Josep Amat, Saint feliu de Guixols, Catalunya, Agosto-setembro 2007 XIV bienal Internacional da Cerveira (Portugal). Agosto-setembro 2007 Bienal do Avante, Lisboa (Portugal.) Setembro 2007 RURALARTE2007 , Castro de Rei, Terra Chá (Lugo), agosto 2007. Exposición e escultura colectiva. Coordinación de actividades e Catálogo. J.J. Oliveira, de Escultura. Tui. Pontevedra. Xuño 2007 Mujer y Arte, Torrearte. Torremocha. Madrid. Marzo- abril 2007 Deseño (e realización da escultura) para o Premio Mulleres, Ciencia e Arte da Universidade da Coruña para o 8 marzo 2007.

    2006

    MOVEMENTO II, co Grupo DEZ+ de Porto , Outubro 2006, Portugal MOVEMENTO, co Grupo Outro. Agosto 2006, Mallorca , Illes Balears MUROS, con R.Sunyer. Escultura. Festa Balura , Castro de Rei , Xullo 2006 Saltando Muros, con Rafel Sunyer. Auditorio de Vilalba. Lugo Agosto 2006 CÓDIGOS ll, Pintura, escultura. El Coto. Plaza de la República, Gijón (Asturias). Marzo 2006 Colaboración na película de Margarita Ledo Liste nomeado Lister.

    2005

    XXXIV Escola libre de Sargadelos e experiencias artísticas estivais. 2005 MoVEMENTO, co Grupo Outro. Decembro - Xaneiro 2005. Auditorio de Vilalba (Lugo) Códigos Acrílicos , escultura. Salas del Auditorio de Vilalba, xuño 2005.

    2004

    Azúmara, Escultura, Escola de Música Berenguela, Santiago de Compostela. Xuño a agosto.

    2003

    Artistas plásticos coa Protectora. Mendez Nuñez. Lugo. Novembro 2003 Tempo, sanguinas , Galería Sargadelos , Lugo, Agosto 2003 Estacións (salas 1-3) e Faces da Chaira(salas 4-5) Casa da Cultura de Vilalba (Lugo) , organizada polo Instituto de Estudios Chairegos (IECHA). Do día 7 ó 21 de Marzo 2003.
  • CV in English


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información

ACEPTAR